Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xeografía: O turismo no mundo actual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos básicos da materia. Tratarase de incentivar a participación crítica e reflexiva do alumnado nestas clases teóricas. Propónse que o alumno sepa manexar as principales aportacións/Teses de opinión da doctrina para saber inferir esas aportacións á comprensión temática da materia O Turismo no Mundo Actual.
Traballo tutelado Serán utilizados para complementar os contidos teóricos con exercicios de tipo práctico.
Formulación e resolución de diversos materiais de temática turística, exercicios prácticos e audiovisuais para ser traballados na aula.
Seminario Orientación do alumno na realización do seu traballo autónomo.
Prestarase especial atención aos aspectos relacionados coa planificación e a organización do traballo de grupo.
Tutelaranse as prácticas aos GP e avaliarase a realización das prácticas explicadas oportunamente.
Faceranse as exposicións dos traballos académicos de investigación nos GP ante o aulario e o profesor
Saídas de estudo A visita e saída de campo planificada para coñecer directamente espazos urbanos ou espazos naturais protexidos de interese turístico ten como obxectivo a observación da realidade e recollida de información por parte do alumno. Ademáis, posibiltará o estudo de recoñecemento territorial para poder comprender a análise de campo e a planificación estratéxica do territorio obxectivo de estudo.
Saídas de estudo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000