Traballo tutelado |
Serán utilizados para complementar os contidos teóricos con exercicios de tipo práctico.
Formulación e resolución de diversos materiais de temática turística, exercicios prácticos e audiovisuais para ser traballados na aula. |
Saídas de estudo |
A visita e saída de campo planificada para coñecer directamente espazos urbanos ou espazos naturais protexidos de interese turístico ten como obxectivo a observación da realidade e recollida de información por parte do alumno. Ademáis, posibiltará o estudo de recoñecemento territorial para poder comprender a análise de campo e a planificación estratéxica do territorio obxectivo de estudo. |