Traballo tutelado |
Seguemento e atención individualizada do alumnado tanto na aula, no despacho, na aula Campus Remoto, correo electrónico ou TIC, coa intención de resolver os problemas e dúbidas que poidan xurdir no estudo e comprensión dos contidos da materia, preparación de traballos, resolucións de problemas, probas de avaliación, etc |
|
Seminario |
A atención personalizada consistirá na resolución de dúbidas sobre os contidos da materia, metodoloxía utilizada para a realización dos exercicios e revisión das probas da avaliación. O seguemento farase a mediante os seguintes recursos:
Todo o alumnado: curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo).
Docencia presencial: seguemento na aula e seminario de informática da facultade.
Docencia non presencial: aula Campus Remoto (enlace en MooVi) |
|