![]() |
![]() |
![]() |
Información de Interés ESTUDAR EN OURENSE •Estudar na Universidade de Vigo •Pisos compartidos. Contactar coa ORI. •Información para o alumnado da Universidade de Vigo: •Alumnado da Universidade de Vigo
CONTACTOS INTERESE UNIVERSIDADE DE VIGO Páxina web: http://www.uvigo.es/ Central: 986 81 20 00 Información Xeral: 986 81 36 00 Información ao alumnado: 986 81 36 30 Rexistro xeral da universidade: 986 81 39 02 Rexistro do Campus de Vigo: 986 81 36 10 Rexistro do Campus de Orense: 988 38 71 03 Gabinete de prensa: 986 81 36 04. gprensa@uvigo.es AREA DE SERVIZOS Á COMUNIDADE Actividades culturais: 986 81 36 03/ 26. vicext@uvigo.es Actividades deportivas: 986 81 21 82 / 986 81 22 04; deportes@uvigo.es Servizo de alumnado: 986 81 36 0 /09 xsadal@uvigo.es LERD de Vigo: 986 81 37 71 / 72 LERD de Orense: 988 38 71 02 Bolsas: 986 81 19 99 / 813 612. bolsas@uvigo.es Asesoría Xurídica: 986 81 35 76 Oficina ORI: 986 81 21 78 / 986 81 35 50 ; ori@uvigo.es Oficina do Medio Ambiente (OMA): 986 81 38 83; oma3@uvigo.es
BIBLIOTECA DO CAMPUS DE OURENSE Presente fisicamente nos tres campus, a Biblioteca Universitariaconta en cada un deles cunha biblioteca central e varias salas repartidas polas escolas e facultades que compoñen a Universidade. A Bilioteca Central do Campus de Ourense, fundada no ano 2000, conta cun fondo de uns 100.000 libros e unhas 750 publicacións periódicas divididas en diferentes temas como son a xeografía, historia, arte, dereito e química. Servizos que ofrece: •Préstamo interbibliotecario a nivel nacional e internacional. •Préstamo para alumnos, PDI e PAS. •Información bibliográfica, búsquedas e referencias bilbiográficas. •Catálogo automatizado e colectivo de publicacións periódicas (a nivel nacional). Contacto: Conserxería (988 387 320) Campus As Lagoas - 32004 - Ourense Horario de atención ao público: De luns a venres de 8:30h a 21:00h Acceso ao Catálogo da Biblioteca
CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO DA UNIVERSIDADE DE VIGO •Basta con estar matriculado na Universidade e dispor do cartón universitario. •No momento de formalizar a matrícula créase unha conta de correo cun nome de usuario e coa extensión alumnos.uvigo.es •Con ese nome de usuario e esa clave tamén poderás acceder á rede WIFI. Todas as instalacións da Universidade de Vigo teñen acceso a internet por rede WIFI O Carné Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Santander, que acredita o estudantado, profesorado e personal de administración e servizos como membros da comunidade universitaria. Ademais de todas as funcións asociadas ás tarxetas intelixentes, o carné poderá dispoñer de servizos financeiros 4B Maestro, se se solicitan voluntariamente •Para qué podes utilizalo? •Acceso a recintos e ordenadores das aulas de informática e persoais* •Préstamo de libros en bibliotecas •Consultas en Puntos de Información e, opcionalmente, en caixeiros 4B* •Tarxeta 4B Maestro (opcional) •Solicítao en calquera momento nas Oficinas Universitarias Santander do campus, levando unha fotografía recente. Recibiralo no teu domicilio particular. Para que inclúa o servizo 4B Maestro só necesitas ser titular dunha conta bancaria no Santander. Esta conta non ten nin gastos de administración nin de mantemento. •O Carné Universitario non hai que renovalo cada ano. Para activar a función financeira diríxete á Oficina Universitaria. •Os alumnos da Universidade de Vigo, sexa cal for a súa nacionalidade ou estudos que cursen, quedan cubertos por un seguro escolar. Do mesmo xeito que se regula para os niveis educativos previos, a Lei establece a cobertura obrigatoria. •Ademais, a Universidade de Vigo subscribiu un seguro adicional, seguro cum laude, para todos os seus alumnos, incluídos aqueles que non quedan cubertos polo seguro obrigatorio. Ambos os seguros páganse no momento de formalizar a matrícula, polo que non teñen custo adicional algún. •Con carácter complementario aos dous anteriores, a Universidade de Vigo dispón dun seguro voluntario, seguro cum laude plus, con maiores coberturas que aqueles e a un custo moi reducido (ao redor de 10 euros por curso).
OUTROS SERVIZOS
|
Universidade de Vigo | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 |