Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Magisterio de Vigo
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación O estudante presentará un traballo grupal de exposición na aula. Ten que ser en grupo.

35 D1
D17
Exame de preguntas obxectivas Para superar a materia, o alumno/a deberá aprobar o exame tipo test, cunha calificación mínima de 5. 40 D1
D2
D8
D9
D16
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudante terá que entregar na plataforma a actividade que a mestre solicite 25 A4
B2
B4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para o alumnado que siga a avaliación continua, os traballos serán obrigatorios. Requírese asistencia regular e participación activa en polo menos o 80% das sesións, tanto en horas teóricas como prácticas.


En liñas xerais buscarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se teñan en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.

Seguir a modalidade de avaliación continua non garante a superación da materia. É necesario superar unha proba obxectiva, así como realizar actividades programadas na aula. Mentres non se aprobe o exame, non se valorarán as cualificacións dos traballos tutelados, así como o traballo realizado na aula.
En relación coas actividades a impartir, comunicaráselle ao alumno en que días debe facelo, tanto en tarefas individuais como en grupo, en función do número de alumnos matriculados na materia.
Aqueles alumnos que non superen a materia en primeira convocatoria conservarán a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar de novo o exame e os traballos/actividades non superados.

AVALIACIÓN GLOBAL: Aqueles alumnos que non asistan a clase ou se ausenten a máis do 20% do total das clases impartidas (6 días, 12 horas) deberán acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21. do Regulamento de Avaliación, Cualificación e Calidade da Ensinanza e do Proceso Docente do Alumnado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.
Todos os traballos copiados e plaxiados puntuaranse cun 0.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000