Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios e/ou "Probas parciais" que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionados cos conceptos e contidos da materia.

Ó longo do cuadrimestre faranse, alomenos, duas probas e cada alumno/a deberá entregar varios exercicos, resoltos de xeito autónomo.

As competencias CG3 e CE19 avalianse en función das respostas do alumno ás cuestións de teoría e da resolución dos problemas plantexados. En ámbolos dous casos, o alumno, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.

As competencias CT2, CT9 e CT10 avalianse na resolución, por parte do alumno, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de xeito autónomo.
25 B3
C19
D2
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita, ou oral, na que o/a alumno/a deberá dar resposta a varias cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.

As competencias CG3, CG4 e CE19 avalíanse en función das respostas do alumno ás cuestións plantexadas.

Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado neste exame é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
24 B3
B4
C19
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita que consiste na resolución de, alomenos, 3 problemas relacionados co temario da materia.

As competencias CE19, CT2 e CT9 avalíanse en base á resolución por parte do alumno de varios problemas de Enxeñería Química, para o cal terá que aplica-los coñecementos adquiridos no Aula.

Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado neste exame é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
36 C19
D2
D9
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no cal deberase explicar o traballo feito no laboratorio, incluir os datos obtidos, a sua análise e as conclusións que deles se deriven. Ademais, tamén deberase poñe-lo obxectivo da práctica e, de selo caso, incluir os fundamentos teóricos nos que se basa a práctica feita.

Cada informe deberá entregarse individualmente na semán seguinte á de realización da práctica, e sempre antes de ter unha nova sesión de laboratorio.

Consideraranse varios formatos diferentes de presentación dos resultados das prácticas: Memoria de prácticas, presentación en PowerPoint, póster, artígo científico, video, etc.

En ningún caso, se avaliará o informe presentado por un/unha alumno/a que non fixera con anterioridade a práctica no laboratorio.

As competencias CG3, CG4, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe feito polo alumno ó rematar cada una das prácticas, valorándose a redacción, estructura e presentación do mismo, a análise e o tratamiento de resultados feito, así como as conclusión acadadas.

A competencia CT17 avalíase en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos. Ademáis, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo.
15 B3
B4
D6
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA:

1. Estudantes que seguen a avaliación continua

Considerarase que un/unha estudante
cursa a materia en réxime de avaliación
continua
, sempre e cando non renunciara oficialmente á avaliación continua,
é decir, sempre que non solicitara a "renuncia
á avaliación continua
", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal
fin.



Un/unha alumno/a que"non renuncie oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 5,0 ptos (sobre 10) no "Informe de prácticas", de 4,0 ptos (sobre 10) tanto no "Exame de preguntas obxectivas" como na proba "Resolución de problemas e/ou exercicios". No caso de supera-la nota mínima, dito/a alumno/a aprobará a materia se a súa cualificacíon final é ≥ 5,0 , é decir, se a suma das cualificacións obtidas nos "Informe de prácticas", na "Resolución de problemas de forma autónoma", no "Exame de preguntas obxectivas" e na "Resolución de problemas e/ou exercicios" é ≥ 5,0.

Ademais, para supera-la materia un/unha alumno/a non poderá faltar, se causa xustificada, a mais de 1 práctica de laboratorio. Se, excepcionalmente, non poder asistir no horario fixado a algunha das prácticas, se lle facilitará a recuperación da mesma nun horario consensuado entre o estudante e o profesor.
 

2. Estudantes con renuncia oficial á avaliación continúa



Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente á Avaliación Continua" , fará un "exame final" de teoría e problemas (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 85% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 15% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.

SEGUNDA CONVOCATORIA:

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.

En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación da "Resolución de problemas de forma autónoma" e do "Informe de prácticas", sempre e cando se superase a nota mínima esixida na primeira convocatoria.

Se na 1ª convocatoria un/unha alumno/a aproba, cunha nota ≥ 5, sexa o
"Exame de preguntas obxectivas", sexa a "Resolución de problemas e/ou
exercicios", en Xullo soamente terá que repeti-la proba suspensa.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000