Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Tecnoloxías de fabricación aditiva e híbrida aplicada á enxeñaría biomédica
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O profesor orientará e resolverá as dúbidas que poida ter o alumno en relación aos temas explicados nas clases de teoría. Esta atención levará a cabo na propia aula, de maneira espontánea e en sesións de titorías. As titorías realizaranse a petición dos estudantes, no horario de atención definido polo profesorado e poderán ser individuais ou en pequenos grupos.
Prácticas con apoio das TIC O profesorado de laboratorio guiará ao estudantado no desenvolvemento das clases prácticas, aclarando as súas dúbidas e orientándoos para lograr a mellor comprensión dos conceptos e a adquisición das habilidades necesarias. Esta atención levaráse a cabo de maneira espontánea durante a realización das sesións prácticas e tamén en sesións de titorías personalizadas. Estas realizaranse no horario definido polo profesorado.
Traballo tutelado Durante o desenvolvemento do proxecto que o alumnado deberá realizar de forma individual ou en grupos reducidos, contará coa orientación e axuda do profesorado. Esta atención levarase a cabo cando sexa requirida, no horario establecido polo profesorado. Con todo, proporase a realización de dúas sesións de titorías específicas, unha ao comezo do proxecto e outra antes da defensa, para poder modificar aqueles aspectos da estrutura ou do contido que o necesiten.
Probas Descrición
Autoavaliación O profesorado deseñará os cuestionarios de autoavaliación que o alumnado deberá responder ao final de cada lección ou unidade temática. A autoavaliación desenvolverase na aula, en día e hora fixada con anticipación suficiente. O profesorado axudará a resolver as cuestións técnicas que poidan xurdir.
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado contará co apoio do profesorado de laboratorio para resolver as dúbidas que poidan xurdir na redacción dos informes de prácticas ou nas respostas ás cuestións formuladas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000