Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Bioinstrumentación. Sistemas de monitorización
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos aspectos relevantes dos contidos etiquetados co epígrafe de Teoría. Para unha mellor comprensión dos contidos e unha participación activa na sesión, o alumnado deberá realizar un traballo persoal previo sobre a bibliografía proposta. Desta forma, o estudantado estará en disposición de realizar preguntas, de pedir aclaracións ou de expor dúbidas, que poderán ser resoltas na sesión ou en titorías personalizadas. O alumnado deberá realizar traballo persoal posterior para asimilar os conceptos e adquirir as competencias correspondentes a cada sesión. Estas sesións desenvolveranse nos horarios e aulas sinaladas pola Dirección do Centro.
Resolución de problemas Con esta actividade preténdese reforzar os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais coa análise de problemas de monitorización de sinais biomédicos. Exponse ao alumnado enunciados e especificacións de equipos para a medida e procesado de sinais biomédicos e resólvense aplicando os conceptos e metodoloxías desenvolvidas nas sesións maxistrais.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos. Están destinadas a que o alumnado adquira habilidades e destrezas relacionadas co deseño, simulación, depuración, proba de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores ou en FPGAs para a medida de sinais biomédicos. Nestas sesións o alumnado usa instrumentación electrónica para a análise do comportamento dos circuítos electrónicos dixitais, ferramentas de deseño, simulación e depuración de circuítos electrónicos dixitais baseados en dispositivos reconfigurables, e ferramentas de programación, simulación e depuración de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores.
Para cada práctica existe un enunciado no que se indica o traballo persoal previo que o alumnado debe realizar e as tarefas que debe realizar na sesión de prácticas.
As prácticas desenvólvense no laboratorio e os horarios sinalados pola Dirección do Centro. O alumnado organízase en grupos. Realízase control de asistencia.
Aprendizaxe baseado en proxectos Nesta actividade o alumnado adquire habilidades e destrezas relacionadas co deseño, simulación, depuración, proba e mantemento de equipos electrónicos para a monitorización de sinais biomédicos. En grupos de traballo, o alumnado debe enfrontarse ao deseño, montaxe e posta en marcha dun sistema electrónico dixital para a medida e monitorización de sinais fisiolóxicas. A cada grupo de traballo asignaráselle un proxecto cunha descrición detallada das especificacións e dos fitos que deben cumprirse. O alumnado debe organizar e planificar a súa actividade para cumprir, en tempo e forma, ditas especificacións do proxecto. A parte presencial desta actividade desenvólvese no laboratorio baixo a titorización do profesor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000