Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Simulación de biofluídos en enxeñaría biomédica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Avaliarase a calidade das solucións achegadas nos informes das actividades propostas. 35 A4
B4
C9
Resolución de problemas Avaliarase a calidade das solucións achegadas nos informes das actividades propostas. 35 A4
B4
C9
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase nun examen final/parciais os conceptos impartidos nas sesións de aula e laboratorio 30 B4
B5
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da
materia divídese nos seguintes apartados:

  • Exame de preguntas obxectivas: 30% do total da materia.
  • Prácticas con apoio das TIC (entregas de
    informes de prácticas e outras tarefas propostas polo profesorado): 35% do total da materia.
  • Resolución de problemas (entregas de informes ou
    traballos sobre supostos propostos polo profesorado): 35% do total da materia.

Para superar a
materia o alumnado deberá obter en cada un dos apartados de avaliaición polo menos unha puntuación do 20%.

Por defecto, a avaliación será na modalidade de Avaliaición Continua para todo o alumnado. Poderá renunciar a esta modalidade de avaliación todo aquel que o desexe e o solicíte no tempo e forma especificados pola Escola.

Para o alumnado que curse a materia
na modalidade de Avaliación Continua e non aprobe a materia na
convocatoria de Primeira Oportunidade (maio), para aprobar a materia na
convocatoria de Segunda Oportunidade (xullo) os/as
docentes da materia indicaranlle as entregas ou traballos que terá que
realizar para poder ser avaliado/a nesa convocatoria.

O alumnado que
renuncie á modalidade de Avaliación Continua será avaliado co 100% da puntuación da materia nunha única proba. Nese caso, o/o alumno/a deberá notificárllelo aos/ás docentes da materia coa antelación
suficiente, os/as cales lle indicarán a metodoloxía para a avaliación.



Compromiso ético:



Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerarase que o/o alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000