Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Sistemas de diagnóstico e terapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.) O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 20 A3
B3
B5
B6
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o estudantado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido polo profesorado. Deste xeito, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
20 A3
B3
B5
B6
C4
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte do estudantado no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. O alumnado debe describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 35 A3
B3
B5
B6
C4
Presentación Exposición por parte dun grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. Na presentación avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes. 15
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É posible valorar aprendizaxes e accións e como se levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia, a participación activa, etc. 10 A3
B3
B5
B6
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Convocatoria ordinaria


1.1 Avaliación continua

Seguindo as directrices
propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase nesta materia un sistema de avaliación continua.

As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan.

A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.

A avaliación continua está formada polas catro partes
seguintes:

    1. Prácticas (35%), que se divide en:

  • Desenvolvemento das prácticas: realización das prácticas da materia. Só se permite faltar a unha sesión por causas xustificadas e deberase recuperar noutra quenda na medida das posibilidades horarias. A seu cualificación será de aptas ou non aptas.
  • Informe das prácticas de laboratorio (35%).

   2. Exames de aula (40%), que se divide de
forma orientativa en:

  • Preguntas obxectivas (20%).
  • Cuestións e exercicios (20%).

   3. Presentación (15%): presentaranse de forma oral os
resultados sobre o traballo dun tema concreto da materia.

   4. Observación sistemática (10%). Terase
en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a
participación do
estudante
na
realización das actividades propostas para o seu traballo
autónomo e
a
participación nas
titorías.

A nota final, que se puntúa sobre un máximo de 10
puntos, é a suma das notas de cada parte si se cumpren as seguintes
condicións:

  • Obter unha cualificación de apto nas prácticas de
    laboratorio (asistencia polo menos a 2/3 das prácticas).
  • Obter unha puntuación mínima do 40% no informe de prácticas, e nos exames de aula.

Si non se cumpre algún dos requisitos anteriores, a nota
final será a suma das notas de cada parte, pero limitada a unha nota máxima de 4,9 puntos. Quen non alcance unha puntuación mínima do
40% na avaliación do informe das prácticas terá un prazo para realizar as melloras oportunas ata a data oficial do exame da convocatoria ordinaria ou extraordinaria. Quen non alcance unha puntuación mínima do
40% nos exames poderán recuperalos nas probas da convocatoria ordinaria ou extraordinaria mantendo as porcentaxes da avaliación continua.

Para aprobar, debe obterse unha puntuación total
igual ou superior ao 50% da nota máxima (5 puntos).

As probas de preguntas obxectivas e de exercicios dividiranse en dúas sesións repartidas ao longo do período lectivo. A primeira coincidirá na metade do período de docencia e a segunda no exame final.

1.2 Avaliación global

Quen non opte pola avaliación continua terá que presentarse
a unha proba de avaliación global na que realizara dous exames similares aos da avaliación continua (preguntas
obxectivas e exercicios) e terá que realizar a presentación oral sobre unha das temáticas da materia a elixir entre dúas opcións, se previamente non solicitou a asignación do tema ao profesorado. Ademais, deberá obter unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.

Enténdese que a realización das prácticas é obrigatoria sexa cal for a convocatoria á que se presenten.

Para aprobar deberá obter un mínimo do 40% en cada parte
e sumar en total, como mínimo, 5 puntos.

2. Convocatoria extraordinaria

Nesta convocatoria a avaliación será como na convocatoria ordinaria. Será necesario superar as prácticas durante o curso académico.


3. Compromiso ético

Espérase que o alumnado presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), en calquera dos traballos/probas realzadas, a
cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000