PRIMEIRA OPORTUNIDADE Na avaliación continua, a nota final calcularase a partir da media das cualificacións obtidas nas metodoloxías de avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. A nota media mínima para aprobar a materia é de 5. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda edición das actas, o alumnado poderá presentar unha nova versión daquelas probas do curso que non obtivesen o nivel suficiente ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamente no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade. No caso de cualificación insuficiente nos outros apartados, a nota do traballo constituirá o 100 % da cualificación final. Para o alumnado con dispensa de asistencia, a puntuación alcanzada polo traballo suporá o 100 % da nota final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade. A realización fraudulenta de exercicios ou do traballo tutelado será penalizado. |