Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Tecnoloxías Lingüísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación dos exercicios prácticos e problemas realizados en clase sobre os contidos da materia 20 A2
A4
B3
B4
C7
C10
D3
D6
Traballo tutelado Traballo individual sobre algún aspecto concreto dos contidos da materia 65 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C7
C10
D3
D6
Lección maxistral Valorarase a capacidade para intervir nas clases teóricas tras as intervencións do docente, propondo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. Terase en consideración a calidade de ideas e o manexo dos coñecementos adquiridos en clase. 15 A4
A5
B2
B5
C10
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Na avaliación continua, a nota final calcularase a partir da media das cualificacións obtidas nas metodoloxías de avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. A nota media mínima para aprobar a materia é de 5.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na segunda edición das actas, o alumnado poderá presentar unha nova versión daquelas probas do curso que non obtivesen o nivel suficiente,  ou, de ser o caso, poderánselle encomendar unha serie de actividades substitutivas que se anunciarían oportunamente no momento de lle comunicar as notas da 1.ª oportunidade.

Nesta "segunda oportunidade", en caso de cualificación insuficiente nos outros apartados, a nota do traballo constituirá o 100 % da cualificación final.

 Para o alumnado con dispensa de asistencia, a puntuación alcanzada polo traballo suporá o 100 % da nota final, tanto na primeira coma na segunda oportunidade.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000