Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exame escrito de contido léxico e gramatical; proba oral de apoio en casos puntuais que o requiran: avaliación única, casos dubidosos con baixa nota no exame escrito. A nota sería a suma de ambas probas (escrita e oral). |
70 |
A2 A3 A4
|
B9
|
C10
|
|
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS
A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 30% (máximo) establecido para os traballos de aula, atenderase a participación regular e activa na aula (pídese un 80% de asistencia), ademáis da entrega de traballos e á valoración da calidade dos mesmos. A proba escrita realizarse PARA TODO Ó ALUMNADO na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar e superar un exame escrito sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: o primeiro cun valor do 70% e o segundo cun valor do 30% da nota.
Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota dos exames -escrito e oral- non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. Para poder presentarse á proba oral na avaliación única é necesario ter alcanzado un mínimo de 4 na proba escrita.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.
ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral complementaria a aquel alumnado, xa sexa de avaliación continua ou única que, segundo o seu criterio razoado, non demostrara suficiente competencia na materia ou por calquera causa precise confirmar mellor o seu nivel na materia.
|