Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Contidos
Tema Subtema
1. Contidos do grao Xa que o obxectivo do TFG é a avaliación das competencias do grao, o TFG pode versar sobre calquera dos contidos do grao, ou calquera aspecto relacionado con eles, aínda que non estea expresamente incluído en ningunha das materias.
O tema específico do TFG deberá ser acordado entre a/o estudante e a persoa titora asignada.
o TFG non ten que ser obrigatoriamente un traballo de investigación, pode ter un enfoque de carácter máis profesional (corrección de textos, asesoría lingüística, programación de actividades de normalización, edición de textos, etc.), didáctico (confección dunha unidade
didáctica, etc.), creativo (ensaio, teatro, conto, etc.) ou calquera enfoque que permita ao discente
amosar ter acadado as competencias do grao.
2. Estructura A estructura do traballo adaptarase á natureza do mesmo polo que será o titor/a quen aconselle en cada caso a estructura máis adecuada ao tema do traballo.
3. Pautas de redacción e presentación Sen prexuízo do anterior, establénse os seguintes aspectos formais que todos os traballo, independentemente da súa natureza, deben levar:

0. Portada. Deberá ter os datos que seguen:
• Grao Universitario en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios / Facultade de Filoloxía e
Tradución / Universidade de Vigo (na parte superior dereita).
• Título completo do TFG/Autoría (no centro);
• Mes/ano de presentación (parte inferior).
Tendo en conta que o TFG é unha materia máis do grao, non é necesaria a mención do titor ou titora na portada do mesmo xeito que non aparece nos traballos de curso. No caso de que se desexe facer mención, farase no interior do traballo.

1. Resumo informativo de entre 200 e 250 palabras.

2. Índice paxinado.

3. Corpo do traballo. Estructura a determinar co titor/a do traballo.

4. Bibliografía. A variedade de traballos e áreas de coñecemento fai imposible impoñer
un sistema único, recoméndanse o sistema APA e o sistema Chicago con nota completa, que poden
cubrir tanto os estudos lingüísticos coma os literarios. En caso de non empregar ningún deles
recoméndase empregar un sistema de citas e referencias estandarizado por cuestións pedagóxicas e de corrección (p.e. MLA, IEEE, Vancouver, etc.). En calquera caso e con independencia do sistema de referencia bibliográfica empregado, o alumnado debe amosar coherencia na sua aplicación.

5. Anexos.

Recoméndase que o TFG teña unha extensión entre 7000 a 9000 palabras (sen contar anexos) pero, dado a variada natureza dos posibles temas de traballo, a extensión terá que adaptarse ao tema escollido; ha de lembrarse que o TFG é unha materia de 6 créditos, unha extensión excesiva
excedería as horas de traballo do alumnado e os obxectivos do TFG.

O TFG deberá ser entregado en PDF.

4. Defensa oral De acordo co Regulamento do TFG vixente na Facultade de Filoloxía e Tradución, a defensa oral é obrigatoria. Constará dunha exposición por parte do/a autor/a do traballo (max. 10 minutos), seguida dos comentarios do tribunal unipersoal (max. 15 minutos), con breve resposta do/a autor/a.
*tribunal unipersonal: titor/a.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000