Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Os traballos, individuais, son obrigatorios tanto para o alumnado presencial coma para o SEMIPRESENCIAL. A data límite de entrega coincidirá coa data do exame (en cada unha das dúas edicións das actas). A proporción do seu valor será de 15%-40%, respectivamente. 55 CB1
CB5
CG1
CG7
CG8
CE1
CE2
CE5
CE8
CT1
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
Resolución de problemas Ó longo do cuadrimestre o docente especificará as actividades prácticas que serán avaliables. É preciso que se vaian entregando dentro dos límites que se poñan.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL esta epígrafe alcanza un 15% da cualificación final, por iso deberá levar a cabo algunha práctica avaliable a maiores ou realizar máis exhaustivamente algunha das que se propoñan (sempre seguindo as indicacións do docente).
10 CB5
CG1
CG7
CG8
CE1
CE2
CE5
CT1
CT2
CT6
CT8
CT10
CT11
CT12
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado de avaliación continua (tanto presencial coma SEMIPRESENCIAL) realizará unha proba escrita na data oficial proposta no calendario da FFT (para calquera das dúas edicións das actas) sobre os contidos teórico-prácticos da materia, se non os foi superando a través de exames/probas parciais ó longo do cuadrimestre. 22 CB1
CB5
CG1
CG7
CE1
CE2
CE5
CE8
CT1
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
Observación sistemática Valorarase a asistencia regular cunha participación activa nas aulas maxistrais.

Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL este 5% da nota sumarase na metodoloxía "Resolución de problemas e/ou exercicios".
5 CG1
CE1
CE2
CT1
CT2
CT3
Presentación Un 8% da cualificación do traballo titorizado correspóndelle á exposición oral dos traballos na aula. Para o alumnado presencial a distribución será 3%-5% para cada un dos traballos, respectivamente. O alumnado SEMIPRESENCIAL só deberá expoñer oralmente na aula o segundo deles (que valerá un 8%).

As exposicións durarán aproximadamente, para o alumnado presencial, 5 e 10 minutos, respectivamente, e para o alumnado SEMIPRESENCIAL entre 12 e 15 minutos. Nestas exposicións non se poderá ler. Poderase empregar un pequeno guión ou acompañar a exposición de axudas audiovisuais, mais a presentación oral non pode constituír a simple lectura deste material.
8 CB1
CG1
CG8
CE1
CE2
CE5
CT1
CT2
CT6
CT8
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

   Por defecto, enténdese que o alumnado opta por un sistema de avaliación continua; se así non for, deberá comunicar nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única permitida pola Universidade de Vigo.

-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais -in situ ou a distancia- e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor -(a) e (b) para o alumnado presencial e só (b) para o SEMIPRESENCIAL-): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar traballos, exames escritos e prácticas avaliables. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados polo docente teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) poderanse recuperar na segunda edición das actas (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que proporá outras actividades compensatorias.

-Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xullo), a través dun exame final escrito de todos os contidos teórico-prácticos da materia [40%] (que se realizará nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais de dous traballos (seguindo as indicacións do docente) [15%-45%]. Cómpre superar tanto o exame coma os traballos (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. É obrigatoria a presentación oral dos traballos (fixarase a data da exposición co docente). Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.

A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (traballo, práctica ou exame) en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Todas as consultas realizadas por correo electrónico serán atendidas no horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000