Traballo tutelado |
Alén das indicacións precisas que se proporcionarán nalgunha aula específica para poder desenvolver o traballo, ó longo do curso non só se atenderán na aula todas as consultas individuais, senón que se realizará nela abundante práctica. Por suposto, nas horas de titoría tamén se resolverán todas as consultas relacionadas coa súa elaboración.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL poderá realizar as consultas sobre a elaboración do traballo a través da plataforma Moovi, do correo electrónico ou, preferiblemente, nalgunha titoría. Se a cantidade de estudantado semipresencial así o aconsellar, poderase realizar algunha titoría en grupo, tipo seminario. |
|