Traballo tutelado |
Cada discente elaborará individualmente un traballo sobre o punto 3 do temario, seguindo as indicacións do profesor.
Todo o estudantado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva do traballo á plataforma Moovi (incluiranse todos os ficheiros empregados na elaboración, tamén BD, corpus e diapositivas da presentación se as houber).
Dedicaranse aulas presenciais a explicar a metodoloxía do traballo e ó longo do curso farase, tamén na aula, un seguimento especial. É moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir a algunha destas sesións de aula -fixaranse previamente á súa celebración- (se alguén non puidese ir a ningunha, deberá fixar unha titoría co docente). |
Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Un deles centrarase monograficamente no tema 1. Empregaranse como complemento da lección maxistral.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas. |
Actividades introdutorias |
Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso. Entregarase un cronograma xeral da materia.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. En todo caso o docente faralles chegar a través de Moovi o cronograma xeral da materia. |