Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Francés-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Na aplicación do plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono, o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen ou que se modifican
As actividades introdutorias e as leccións maxistrais impartiranse tanto no modo síncrono como asíncrono. Non se establecerá ningunha preferencia entre estes dous modos; o docente poderá escoller o modo que mellor se axeita ó tipo de contidos que imparte, e alternar o seu uso aproveitando a eficacia didáctica de cada modo.
A parte presencial da resolución de problemas e os obradoiros atenderanse durante as sesións en modo síncrono, ou mediante un diálogo estreito e intervencións asíncronas. Co apoio da súa institución, o profesorado da materia preparará formatos de clase asíncrona a través dos cales se impartirán os contidos destas metodoloxías.
O procedemento de compensación das actividades de saída de estudo figura no capítulo da avaliación.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O tempo que a normativa lle dedica ás titorías será o mesmo, pero os horarios de titorías pasarán a ser móbiles para poder adaptarse ó ritmo dos grupos e de cada estudante, sempre de luns a venres dentro do marco horario convencional. As titorías convocaranse no despacho virtual do docente da materia.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Os contidos non se modifican.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Coa previsión de que non sexa posible o acceso a bibliotecas e a espazos de consulta, o docente proverá dende o inicio do curso o estudantado con referencias, textos e materiais electrónicos que equivalen ás lecturas previstas para ese curso. Ditos materiais estarán accesibles na rede, ou serán conservados e subidos a faitic polo docente.

* Outras modificacións
Non hai outras.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
O sistema de avaliación enunciado no apartado correspondente desta guía é compatible cunha situación de non presencialidade, ou está directamente deseñado como non presencial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000