AVALIACIÓN CONTINUA:
As metodoloxías descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplica ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese:
- Entrega na data límite do 80% dos traballos ao longo do curso, incluíndo os que non vaian ser cualificados.
- O exame final (probas de resposta curta e probas prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas) realizarase nas datas oficiais de avaliación fixadas polo Decanato.
Requisitos do sistema de AVALIACIÓN ÚNICA:
Os/as estudantes que non opten polo sistema de avaliación continua deberán someterse a un exame final que
representará o 100% da nota final e constará das seguintes probas :
1. Proba teórica sobre o contido mínimo requirido e sobre o libro de lectura obrigatoria (30%). Para pasar a proba debe alcanzar 6 puntos/10.
2. Probas da práctica da tradución dun texto breve do español ao galego(40%)
3. Probas da práctica da tradución dun texto breve do galego ao español(30%)
Para o desenvolvemento do exame teórico non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas.
SEGUNDA CONVOCATORIA
Para aprobar a materia en segunda convocatoria (xullo), o alumnado debe presentarse a unha proba coas mesmas condicións que a proba de avaliación única.
Para aprobar a materia requírese aprobar cada parte. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente só a algunha das partes que estean pendentes en segunda convocatoria.
Independentemente do sistema de avaliación elixido non superará a materia quen: - Cometa máis de dúas faltas graves de ortografía, sintaxe, morfoloxía ou anacolutos.
- Presente máis dun contrasentido, falso sentido, sobretradución ou infratradución nas traducións - Incorra en plagio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Tanto o exame da avaliación única como o da convocatoria de xullo celebraranse na data fixada pola facultade. |