Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Tradución inversa

10% Na primeira semana de decembro de 2016 realizarase unha proba de tradución inversa na aula.

A nota desta proba forma parte das cualificacións entre as que se escollen as tres mellores notas, pois calcúlase a nota media do módulo de inversa a partir das tres mellores cualificacións obtidas entre as das tres encomendas e a da proba na aula.


Traducción directa

30%. Realizarase unha proba de tradución directa na aula na data que sinale a docente a comezos de curso.

As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media en caso de que se superen ámbolos dous módulos. De ter algunha das partes suspensas, haberá que presentarse na convocatoria de xullo de 2017 a esa parte, na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. A nota da parte aprobada conservarase ata a convocatoria de xullo de 2017.
40 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C17
C22
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D18
Traballos e proxectos Tradución inversa

30%

A nota media do módulo de tradución inversa, que representa o total de 40% da nota final, elabórase a partir das tres mellores notas dun total de catro cualificacións.

Tres das cualificacións proceden de encomendas. A primeira deberase entregar na última semana de setembro, a segunda na primeira semana de novembro e a terceira na segunda semana de decembro de 2016, todas elas via Faitic.

A cuarta cualificación procede do exame en aula (véxase o punto de tradución inversa do apartado de Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas).

Traducción directa
30 % Dúas encomendas que se desenvolverán nas datas que a docente indique a comezos de curso. Farase nota media das dúas encomendas.

Se a nota da segunda encomenda de dierecta supera polo menos en 1 punto á primeira, só se terá en conta a nota da segunda para facer as porcentaxes.
60 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso nun módulo ou nos dous módulos deberá presentarse ó exame do(s) módulo(s) suspenso(s) á convocatoria da segunda edición de actas en xullo de 2017 na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade.

De ser o caso, a nota do módulo aprobado en avaliación continua conservarase unicamente ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2017.

Primeira edición de actas (xaneiro de 2017)

A parte de tradución directa suporá o 60% da nota final e a parte de tradución inversa suporá o 40% da nota final.

Tradución directa : deberá presentarse a un exame na primeira quincena do mes de xaneiro de 2017 e entregar unha encarga que se dará o mesmo día do exame, e que contará o 50% da nota.

Para a tradución inversa: o alumnado terá que realizar un exame de tradución na aula e na data correspondentes á derradeira sesión da materia en decembro de 2016.

A nota da parte aprobada na primeira edición das actas en xaneiro de 2017 conservarase ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2017.

O alumnado que decida presentarse á proba de avaliación única farao na data fixada polo calendario de exames oficial da FFT.

Segunda edición de actas (xullo de 2017)

A parte de tradución directa suporá o 60% da nota final e a parte de tradución inversa suporá o 40% da nota final.

Tradución directa: o alumnado deberá presentarse a un exame na data establecida e entregar unha encarga que se dará o mesmo día do exame, e que contará o 50% da nota.

Para a tradución inversa: o alumnado terá que realizar un exame de tradución na aula e na data correspondentes ó exame oficial desta materia, segundo o calendario da Facultade.

Para algunha das probas de tradución, o equipo docente poderá fixar un prazo de entrega posterior á data da convocatoria.

Calquera copia ou plaxio será cualificado con 0 (cero), e o traballo non se poderá repetir.

NOTA: Proporanse fórmulas individualizadas para garantir que o alumnado que
non poida asistir regularmente ás sesións presenciais teña a
oportunidade de cursar a materia en réxime de avaliación continua.
 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000