Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución ó discurso científico-técnico 1.1. Características do discurso científico-técnico. Diferenciación entre tradución científica e técnica
1.2. Competencias na tradución científico-técnica. Xestión dos coñecementos sobre o campo temático e capacidade para documentarse
1.3. Terminoloxía e fraseoloxía. O termo no texto especializado. Estruturas terminolóxicas
1.4. Xéneros e tipoloxías textuais
2. Recursos e fontes documentais 2.1. Anticipación ás dificultades de comprensión do texto científico-técnico
2.2. Familiarización co campo temático
2.3. Procura de terminoloxía e fraseoloxía específicas
2.4. Ferramentas de documentación para o tradutor científico-técnico: memorias, dicionarios, glosarios, bancos de datos, corpora, tesauros, documentación científico-técnica
3. Práctica da tradución científico-técnica 3.1. Etapas da elaboración dunha tradución científico-técnica. Principais dificultades da tradución científico-técnica
3.2. Tradución de textos científico-técnicos de distintos xéneros textuais: xéneros educativos (manual, artigo de revista divulgativa, entrada de enciclopedia etc.), documentos publicitarios, documentos industriais externos (manual de instrucións, prospecto, descrición técnica, etc.),documentos de investigación (artigo de investigación, resumo de artigo científico etc.)
3.3. Revisión e corrección de traducións científico-técnicas
3.4. Mercado laboral da tradución técnica e científica. Situación e requirimentos profesionais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000