Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realizaranse dúas encomendas de tradución/revisión/posedición. 50 A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C27
D4
D6
D9
D15
D16
D18
Resolución de problemas Realizaranse traducións mediante a modalidade de resolución de problemas. 20 A2
A3
A4
C4
C5
C17
C22
C23
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos asumirán a realización dun proxecto de tradución/revisión en equipo para o que se darán as instrucións precisas ao comezo do cuadrimestre. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta.

Avaliación continua
Primeira edición de actas

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha
mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no
calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba
abranguerá todos os contidos da materia. O alumnado de avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.


Avaliación única

Primeira edición de actas

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha
mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no
calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba
abranguerá todos os contidos da materia. O alumnado de avaliación única
que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será
cualificado con Non presentado.

Segunda edición de actas

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha
cualificación de suspenso poderá presentarse á materia na segunda
convocatoria, na data establecida polo calendario oficial de exames da
Facultade. Deberá mandar unha
mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no
calendario oficial para recibir as condicións de avaliación. A proba
abranguerá todos os contidos da materia. O alumnado de avaliación única
que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será
cualificado con Non presentado.

Outros comentarios
Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ao sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado deberá, en todo caso, entregar os traballos requiridos na forma e prazo indicados polo equipo docente.
O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ao equipo docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame supoñerá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Plataformas electrónicas para a docencia
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas de entregas de traballos (estudos de casos) e encargos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000