O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumnado ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. O alumnado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas. As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no rexime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado. A metodoloxía de aprendizaxe-servizo só se aplicará ao alumnado de avaliación continua. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais, os requisitos de avaliación e as novidades a través da plataforma MooVi e estar ao tanto das datas nas que as probas da avaliación teñen lugar. PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (DECEMBRO): O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de avaliación continua. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación. Esixencias do sistema de avaliación continua: - Deixar constancia por escrito a través de MooVi da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua na primeira semana do curso. - Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: a) Encomenda individual de tradución directa. b) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. c) Proba práctica de tradución directa. d) Encomenda grupal de tradución inversa. Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua: Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse na plataforma docente para que todo o alumnado matriculado na materia poida acceder a eles. De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso (0) aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). - Incurran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. - Incumpran as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba. - Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN. Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua? O estudantado que deixase constancia por escrito a través de MooVi durante a primeira semana do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8. 2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (60%) 3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%). Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Neste exame obterán acualificación de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). - Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). - Incurran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO): PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8. 2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (60%). 3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%). Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). - Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). - Incurran en plaxio total ou parcialmente.
PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO. En calquera das convocatorias e probas, o estudantado tén dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.
*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS: 1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes. 2. Diferenzas entretextos científicos e textos técnicos. 3. O texto científico como ferramenta de comunicación. 4. Metas da linguaxe científica. 5. Elementos e características do estilo científico-técnico. |