Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |
Aprendizaxe colaborativa |
Realización de actividades que enfrontan os alumnos, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais. |
Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O alumno, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados.Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula. |