Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista. 20 C1
C2
C6
C9
C13
C17
D4
D7
D13
D23
Práctica de laboratorio Consistirá en dúas probas de interpretación simultánea de portugués a castelán, cun valor do 40% cada proba.
Para cualificar estas probas valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos.
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
80 C1
C2
C6
C9
C13
C17
D4
D7
D13
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
estudantado será avaliado a través de dúas probas consistentes na
interpretación simultánea dun discurso na combinación PT>ES, cun valor do
40% cada proba.

Os
criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior.

ALUMNADO
DE AVALIACIÓN CONTINUA:

As
probas terán lugar nas últimas semanas do calendario lectivo, previo acordo co
estudantado.

A
porcentaxe da nota das probas será do 40% en cada unha, para o estudantado que
se acolla a este sistema de avaliación.

Será
imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 nas probas de
interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se
sumará a puntuación acadada nos outros apartados.

Será
necesario aprobar todas as partes da materia para facer a media na avaliación
continua.


ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:


A proba terá lugar no día indicado no calendario de exames aprobado no
decanato.


A porcentaxe da nota do exame é do 100% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.


EXAME DE XULLO


O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no
calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se
aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá
unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000