Guia docente 2022_23
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Observación sistemática para recompilar datos sobre a participación da/o estudante
Participación en elaboración de discursos e entrevistas e na súa corrección
Documentación e elaboración de glosarios
40 CB2
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE8
CE12
CE13
CE16
CE17
CE18
CE20
CE21
CE24
CE25
CE27
CE28
CE30
CT1
CT2
CT4
CT6
CT7
CT8
CT9
CT12
CT14
CT16
CT17
CT19
CT22
CT23
Práctica de laboratorio Proba consistente en dúas IC en que se verificarán as competencias adquiridas durante o curso: técnica, expresión, contido e produción. 60 CB2
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE8
CE12
CE13
CE16
CE17
CE18
CE20
CE21
CE24
CE25
CE27
CE28
CE30
CT1
CT2
CT4
CT6
CT7
CT8
CT9
CT12
CT14
CT16
CT17
CT19
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Nas tres primeiras semanas de docencia, cada
estudante deberá comunicar á docente por medio dunha enquisa en Moovi creada
para este efecto se opta polo sistema de avaliación única ou continua. Caso de
non comunicar, entenderase que opta pola avaliación única. A opción pola
avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. Se por causa de
forza maior (traballo, enfermidade...) a/o estudante non puidese seguir o
sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á
avaliación única.

A/o estudante que non supere a materia en
avaliación continua na primeira convocatoria, acudirá ás convocatorias seguintes
en avaliación única e deberá superar un exame (véxase máis abaixo
"Avaliación única") con todos os contidos da materia.

Para unha axeitada avaliación e aproveitamento,
recoméndase unha asistencia asidua e participativa ás aulas.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de
avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas
establecidas pola FFT. Este exame consistirá nunha proba de IC na que se
verificarán as competencias adquiridas durante o curso: técnica, expresión,
contido e produción.

Observacións xerais:

As entregas (glosarios, prácticas, etc.) deben estar
identificadas nominalmente e sempre da mesma forma (apelidos, nome): aquelas
que non o estean non se aceptarán nin se terán en conta.

A revisión dos exames realizarase, salvo
impedimento de forza maior, que haberá de acreditarse documentalmente, única e exclusivamente
na data sinalada. Non se atenderán, salvo en casos excepcionais e xustificados,
requirimentos de revisións por medio de correo electrónico ou análogos.

Considérase que a guía docente da materia ten un
carácter orientativo, pois a heteroxenidade dos cursos e, dentro destes, a variedade
en coñecementos, habilidades e destrezas aconsella flexibilidade co fin de
alcanzar da mellor maneira posible os obxectivos. Así pois, en función das
circunstancias, o programa da materia pode sufrir ou experimentar cambios en
calquera momento que se comunicarán oportunamente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000