Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado de 2h a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén a bibliografía e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Diagnóstico para coñecer o nivel inicial do alumnado nas dúas linguas de traballo (mediante test en francés e galego ou texto modelo con preguntas)
Lección maxistral As 6h de sesión maxistral destinaranse a explicar ao alumnado os diferentes tipos de mercados financeiros, o sistema económico actual e conceptos macroeconómicos básicos así como as competencias específicas da tradución económica e financeira. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas Neste apartado de 26 horas, realizaranse análises de textos, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Tradución económica Idioma I, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría para traballar as competencias propias á tradución económica.
Deberanse entregar na plataforma FAITIC e en versión papel TODAS as traducións debidamente revisadas con control de cambios e maquetadas. Deberanse identificar da seguinte forma:
APELIDO+NOME+TÍTULO_DOC_V/TH

O alumnado deberá realizar 2 GLOSARIOS (1 DIRECTA- 1 INVERSA) para cada ámbito temático abordado. Os termos especializados extraeranse dos textos traducidos e dos textos paralelos (corpus) empregados durante o curso. Este corpus servirá de ferramenta para realizar as traducións e para o traballo escrito e a exposición oral final, polo que tanto os glosarios como o corpus deberán estar en construción permanente dende a primeira sesión ata a última.
Os glosarios presentaranse en formato excel con, polo menos, catro columnas: (TO)-definición/ (TM)-definición, Cf. modelo (FAITIC).
Deberanse identificar da seguinte forma:
APELIDO+NOME_GLOSSAIRE_GLG-FRA
APELIDO+NOME_GLOSSAIRE_FRA-GLG
APELIDO+NOME_CORPUS1_FR
APELIDO+NOME_CORPUS1_GL
Traballo tutelado O alumno deberá realizar un traballo baixo a supervisión da profesora sobre algunha das dificultades de tradución que aparecerán reflictidas nos glosarios ou/e sobre o mercado laboral.
A docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo na sesión de presentación da programación.
Ver indicacións detalladas no documento que se atopa na plataforma FAITIC
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará oralmente (exposición de 10-15 minutos) os resultados do seu traballo en francés na clase. O traballo deberá ser presentado tamén en versión papel e en versión electrónica no apartado de exercicios correspondente da plataforma FAITIC
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e recursos necesarios para a realización dos exercicios e/ou tradución dos textos de carácter económico e financeiro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000