Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame (NON ASISTENTES), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos ou de forma oral (ASISTENTES). 10 A1
A2
A3
C8
C13
Resolución de problemas Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución, revisións de traducións... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
Deberanse entregar na plataforma FAITIC e en versión papel todas as traducións debidamente revisadas con control de cambios e identificadas da seguinte forma:
APELIDO+NOME+TÍTULO DOC V/TH
Ao tempo que se realizan exercicios de tradución o alumnado deberá elaborar 2 Glosarios (directa e inversa) que deberán estar en permanente construción dende a primeira ata a última sesión e avaliaranse dentro do apartado de presentacións e exposicións.
20 A1
A2
A3
C4
C5
C8
C22
D4
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual o último día de clase, un traballo que versará sobre algún problema de tradución (terminolóxico ou conceptual) encomendado a comezos de curso.
2 corpus formados por textos traducidos e textos paralelos dos que se extraerán as unidades terminolóxicas para elaborar 2 glosarios (directa e inversa) servirán de ferramenta para a elaboración do devandito traballo.
25 A1
A3
A4
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, o alumnado recibirá 1 texto para cada combinación (directa 20% e inversa 20%) para ser traducido que tente simular situacións reais de traballo.
As probas realizaranse na aula e na data oficial publicada na web da FFT (duración de 1 h 50' cada unha) e/ou fóra dela se se trata dunha encomenda de tradución que se lle entregará ao alumnado nas condicións fixadas pola profesora e na data oficial publicada na web da FFT.

40 A1
A2
A3
A4
C5
C8
C26
D8
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro sobre economía obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado na proba oral en francés o último día de clase (ASISTENTES) ou no exame de avaliación única para o caso do alumnado non asistente. 5 A1
A2
A3
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. O alumnado que se acolla a avaliación continua deberá entregar os exercicios e traducións nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non cumpra cos prazos marcados pasará automaticamente a avaliación única.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo (data oficial publicada na páxina web da FFT) nas condicións que se especifican a continuación:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1h 50' cada unha ): 20%+20% da nota. Non se poderá usar material auxiliar se se trata dunha carta comercial (inversa). Data oficial publicada na web da FFT

3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o día da proba na aula (data oficial publicada na web da FFT) para entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 4 días naturais: 20%+ 20% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das probas para poder facer a media (mínimo 5/10).  O plaxio será motivo de suspenso

1ª EDICIÓN DE ACTAS (MAIO) E 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)  PARA NON ASISTENTES (VER DATA OFICIAL PÁXINA WEB FFT)

O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase na data indicada na páxina web da FFT para realizar as probas correspondentes que consistirán en:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1 h 50' cada unha ): 20%+20% da nota. Non se poderá usar documentación se se trata de carta comercial (INVERSA) e o tempo só será de 1 hora.

3. 2 encomendas de tradución con comentario (unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado na data oficial publicada na web da FFT e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 3 días naturais: 20%+ 20% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das partes especificadas para poder facer a media (mínimo 5/10). O plaxio será motivo de suspenso

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000