O alumno deberá superar ao longo do curso a principal dificultade coa que se enfronta ao principio do mesmo: a lectura, comprensión, interpretación, análise e tradución das distintas linguaxes especializadas españois e franceses utilizados nos textos xerados por administracións locais, autonómicas, nacionais ou internacionais.
O perfeccionamento das técnicas de redacción de textos xurídicos e administrativos españois e franceses resulta ser a destreza máis importante que se pretende alcanzar nesta materia. |