Estudo de casos/análises de situacións |
Traballarase en clase con encargos reais de tradución xurídico-administrativa francés-español-francés ante os cales o alumnado deberá tomar unha serie de decisións sobre como realizalos e solucionar os problemas de xestión que se presenten. Sen esquecer nunca o minucioso e sempre imprescindible traballo de revisión e corrección dos textos traducidos antes de entregalos. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
A través da plataforma privada TEMA e doutro TIC públicas da web 2.0 o alumnado deberá desenvolver e entregar traballos, responder a encargos, participar en debates, sen esquecer comentar as entradas e artigos que sobre tradución xurídico-administrativa en xeral e sobre TIMS, moi en particular, aparecerán publicadas na páxina*facebook docente e nos dous Blogues de Investigación do profesor titular que imparte a materia:
-Páxina Facebook Docente da materia (https://www.facebook.com/joseyustefrias)
-Blogue de Yuste. On y sème à tout vent (http://www.joseyustefrias.com/index.php/blogue)
-Carnet de recherche HYPOTHÈSES. Sur les seuils du traduire (http://seuils.hypotheses.org/) |
Sesión maxistral |
O profesor presentará:
a) cada unha das unidades temáticas do programa que servirán de marco de traballo para a realización das prácticas de tradución xurídico-administrativa francés-español-francés,
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada encargo de tradución xurídico-administrativa francés-español-francés |