|
A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as actividades suxeitas a avaliación.
O alumnado que decida acollerse á avaliación única deberá comunicarllo á coordinadora en tempo e forma.
En canto á avaliación continua, na plataforma Moovi especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua. A proba práctica (30 %) consistirá en demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos aprendidos na clase. Esta proba terá lugar na última quincena do cuadrimestre. A proba de preguntas obxectivas (40 %) consistirá en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da materia. Esta proba terá lugar na data establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT. Cómpre aprobar ambas as probas cun 5 sobre 10 para superar a materia. Quen non supere algunha delas na primeira convocatoria obterá unha cualificación de suspenso e poderánselle gardar as cualificacións das demais actividades e da proba superada (de ser o caso) para a segunda convocatoria.
O alumnado que decida acollerse á avaliación única realizará unha proba de preguntas obxectivas (50 %) e unha proba práctica (50 %) consistentes en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos aprendidos na clase, por outra. Cómpre aprobar ambas as probas cun 5 sobre 10 para superar a materia. Estas probas terán lugar na data establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT.
A convocatoria de 2.ª oportunidade consistirá nunha proba de preguntas obxectivas e nunha proba práctica que constará das mesmas partes descritas anteriormente. Cómpre aprobar cada unha das probas para superar a materia.
A profesora Ana Hermida Ruibal impartirá 2 sesións a cada un dos 3 grupos de alumnado e encargarase do 7 % da avaliación, e a profesora Patricia Sotelo Dios impartirá 26 sesións a cada grupo e encargarase do 93 % da avaliación. |