Fase inicial: introdución
1. Repaso e consolidación de obxectivos de aprendizaxe comúns á materia de interpretación de enlace.
2. Introdución de obxectivos específicos de interpretación consecutiva.
|
1. Afianzar a seguridade e confianza ao falar en público: voz, xestualidade, postura.
2. Consolidar a expresión na lingua galega: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario de inglés e galego: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
5. Familiarizarse coas fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
6. Elaborar discursos propios en galego con fluidez e propiedade.
7. Reformular sinteticamente e con corrección en inglés discursos producidos en galego.
8. Consolidar as bases da técnica de toma de notas adquirida na materia de bilateral e ser conscientes das características específicas da modalidade de consecutiva.
|
Fase intermedia I
1. Desenvolvemento das competencias esenciais
para realizar unha boa interpretación consecutiva. |
1. Aplicar os principios fundamentais da toma de notas á interpretación consecutiva.
2. Equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria.
3. Dominar a notación dos conectores.
4. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
5. Mellorar a capacidade de anticipación.
6. Elaborar discursos propios en inglés con corrección e capacidade comunicativa.
7. Reformular sinteticamente e con corrección en galego discursos producidos en inglés.
|
Fase intermedia II
1. Perfeccionamento das competencias
fundamentais para realizar unha boa
interpretación consecutiva.
2. Desenvolvemento da metacognición. |
1. Ter claro o que entendemos por unha boa interpretación consecutiva e saber avaliar interpretacións propias e alleas.
3. Saber detectar os defectos sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo adecuado ás necesidades de aprendizaxe.
4. Consolidar as capacidades de escoita, análise e memoria a curto prazo.
5. Experimentar distintas formas de toma de notas, decidir cando e como e probar co uso de símbolos.
6. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal. |
Fase avanzada: consolidación e perfeccionamento
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de
dificultade.
|
1. Ter confianza no sistema propio de toma de notas e integrar nel aqueles símbolos ou formas de notación útiles para cada estudante.
2. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución do discurso, adaptando a estratexia en función do discurso.
3. Ser capaz de restituír información máis complexa en consecutiva: conceptos abstractos, nomes propios, cifras.
4. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
5. Introdución de discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
6. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos máis densos, complicados e rápidos.
|