Obradoiro |
Elaboración e representación de dúas entrevistas en ambas linguas de traballo.
A primeira cun maior peso das intervencións en galego (10% da nota) e a segunda en inglés (20%). |
30 |
A3 A4 A5
|
|
C1 C2 C3 C4 C12 C17 C18 C20 C25 C27 C30 C33
|
D1 D4 D6 D7 D8 D9 D11 D13 D17 D22
|
Práctica de laboratorio |
Proba de interpretación bilateral realizada na última semana de clase.
Para cualificala empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa
ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
Apto necesario (é imprescindible obter un 5 nesta proba para aprobar a materia).
No caso de obter nela unha nota máis alta que a da práctica de interpretación consecutiva na clase, a nota da proba final pasará a contar un 60%. |
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C2 C3 C4 C12 C13 C17 C18 C20 C21 C22 C25 C27 C30 C33
|
D1 D4 D6 D7 D8 D9 D11 D13 D17 D22
|
Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente todas e cada unha das seguintes tarefas ou probas: participación no debate e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva, elaboración e representación de dúas entrevistas nas linguas de traballo, titoría de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación; todas elas deberán realizarse segundo a secuenciación proposta na clase para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio. O alumnado que cumpra os requisitos para acollerse á avaliación continua terá dereito a unha segunda oportunidade de presentarse á proba de interpretación (na data oficial de realización do exame de avaliación única segundo o calendario da FFT), de tal forma que poderá optar por que a docente corrixa unha ou outra proba como exame final. Con todo, só se recomenda que se presenten na data oficial de avaliación única no caso de que a súa prestación durante a proba final fose moi inferior á súa prestación habitual na clase. Tanto a avaliación única (para aquel alumnado que renuncie á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación bilateral entre inglés e galego e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT. No caso de suspenso na proba final, o alumnado de avaliación continua ten dereito a que se lle garden as demais cualificacións da materia e só repetir esta última proba na segunda convocatoria. |