Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego Código V01G230V01409
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Dominguez Araujo, Lara
García Sanz, Santiago
Correo-e laradoar@uvigo.es
santiagogarciasanz@gmail.com
Profesorado
Dominguez Araujo, Lara
García Sanz, Santiago
Web
Descrición xeral Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego é unha materia obrigatoria 6 créditos ECTS de tradución 100% directa, situada no segundo semestre do segundo curso do Grao en Tradución e Interpretación.

En xeral, as distintas materias de tradución concíbense como continuación da materia de Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación e como un afondamento do alumnado no proceso tradutor e en tódolos parámetros que o determinan.

Tódolos materiais cos que o alumno traballa tanto na clase como individualmente son reais e non adaptados, susceptibles de seren obxecto de tradución e non simples actividades creadas ad hoc.

Esta materia mantén estreitas relacións didácticas, pedagóxicas, conceptuais e procedimentais coas demais materias do grao, xa que afonda nas ferramentas do proceso tradutor, que lle servirán ao alumno para encarar, por exemplo, o estudo das traducións especializadas, inversas, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000