Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Axeitamento das traducións realizadas e entregadas á encarga e á situación de tradución. 40
Prácticas autónomas a través de TIC Valoración das distintas actividades realizadas polo alumno en TEMA. 25
Sesión maxistral Probas propostas ao fío dos contidos das sesións maxistrais. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Para
ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o estudante deberá
participar en tódalas actividades previstas no apartado Avaliación e asistir ao 80% das
sesións presenciais de clase. Para superar a materia, será preciso obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos na media ponderada das actividades. No caso de non superar a materia na avaliación continua, o estudante deberá someterse á avaliación da totalidade dos contidos en sucesivas convocatorias, segundo os criterios que se recollen no punto 6.

2. Nas
distintas probas propostas será imprescindible responder tódalas preguntas.

3. Con
respecto á corrección dos exames e traballos, cómpre sinalar que se lle prestará
unha especial atención ao dominio das normas ortográficas e morfolóxicas da
lingua galega. Tres erros ortotipográficos ou morfosintácticos invalidarán
calquera proba.

4. Nos
exames permitirase o uso de dicionarios, apuntamentos, ordenador con conexión a
internet e outros materiais.

5. No
caso dos alumnos que non se acollan á avaliación continua, deberán realizar un
único exame na derradeira semana de clases. O exame terá unha parte teórica (resposta, en lingua inglesa ou galega,
a unha ou máis preguntas sobre a parte teórica do temario; valor 30%) e outra práctica
(tradución cara galego dun texto redactado en inglés dunhas 350 palabras; valor 70%). Haberá que realizar as
dúas partes obrigatoriamente. No caso de non superar a materia na avaliación final, o estudante
deberá someterse á avaliación da totalidade dos contidos en sucesivas
convocatorias, segundo os criterios que se recollen no punto 6.

6. Na
convocatoria de xullo os alumnos deberán realizar un único exame na data fixada
pola facultade. O exame terá unha parte teórica (resposta, en lingua inglesa ou galega,
a unha ou máis preguntas sobre
a parte teórica do temario; valor 30%) e outra práctica (tradución cara galego dun texto redactado en inglés dunhas 350 palabras; valor 70%). Haberá que realizar as dúas partes
obrigatoriamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000