Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Galego
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Tradución idioma 2, II: Inglés-Galego/V01G230V01506
Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego/V01G230V01609


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación/V01G230V01209
Ferramentas para a tradución e a interpretación I: Informática/V01G230V01109
Introdución á teoría da tradución e a interpretación/V01G230V01210
 
Outros comentarios
En xeral, para cursar a materia de Tradución Idioma 1, I inglés-galego, o alumno deberá posuír certos coñecementos e destrezas previos que se consideran ferramentas básicas de traballo: - Dominio das normas cultas das dúas linguas de traballo e corrección na expresión oral e escrita. - Lectura comprensiva de textos (detección de dobres sentidos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica, etc. ) escritos nas dúas linguas de traballo. - Coñecementos de ofimática, comunicación electrónica e internet: procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos, etc. - Uso eficiente dos fondos das bibliotecas, fontes de documentación e dicionarios. Para conseguir estes prerrequisitos proponse o seguinte plano de traballo que o alumno debería desenvolver antes de comeza-lo período de docencia: - Estudo das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (véxase apartado de bibliografía) e da gramática inglesa. - Exercicios de lectura de todo tipo de textos escritos nas dúas linguas de traballo. - Traballo práctico co ordenador para familiarizarse co seu manexo, cos distintos programas e cos diferentes formatos textuais. - Sesións de traballo práctico na rede: busca e consulta de fontes de documentación (dicionarios, enciclopedias), xestión de contas de correo electrónico, envío de arquivos, etc. - Asistencia aos cursos de formación ofrecidos pola Bibiblioteca xeral e pola biblioteca da facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000