Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Portugués
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos clave da materia e orientando ao alumnado nas lecturas obrigatorias relacionadas con cada tema. No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática.
Resolución de problemas Sesións prácticas: exercicios gramaticais e revisións que requiren unha preparación previa por parte do alumnado. Traballos en grupo e exposicións na aula. No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic dos materiais necesarios en cada unidade temática.
Traballos de aula Sesións prácticas, exercicios prácticos de produción oral e escritura. Revisión de contidos gramaticais con exercicios realizados na aula. No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic os materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000