Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Portugués
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Un bo nivel en lingua galega favorecerá a comprensión dos contidos de lingua portuguesa nesta materia. A lectura e a audición de textos en lingua portuguesa axudan a aumentar o léxico e a fluidez en lingua portuguesa. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Aviso importante para o alumnado de intercambio (Erasmus): o ensino de Lingua Portuguesa na UVigo diríxese a un alumnado que ten as linguas galega e/ou castelá como linguas maternas, de maneira que a progresión habitualmente é rápida. Non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña xa ou un nivel B2 nestas linguas e un B2 alto (como mínimo) en Lingua Portuguesa matricularse nesta materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000