Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Portugués
   Contidos
Tema Subtema
Contidos gramaticais Revisión dos contidos da materia Segundo Idioma Estranxeiro III: Portugués. Contido gramatical relacionado co nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.
Elementos do portugués no Brasil e na África Lusófona.
Contidos léxicos Revisión dos contidos léxicos de Segundo Idioma Estranxeiro III: Portugués;
Léxico relacionado cos ámbitos económico, xurídico e técnico-científico;
Léxico literario;
Léxico do portugués no Brasil e na África Lusófona.

Contidos pragmáticos Revisión dos contidos de Segundo Idioma Estranxeiro III: Portugués;
Expresión espontánea;
Organización, articulación e cohesión do discurso;
Redacción de textos de extensión media a longa sobre temáticas diversas.
Contidos avanzados de cultura lusófona Continuación e afondamento nos contidos de Segundo Idioma Estranxeiro III: Portugués sobre:
Historia de Portugal; Historia de Brasil; Historia dos países africanos lusófonos; Historia da literatura lusófona; música e arte nas culturas lusófonas actuais; sistemas políticos dos países lusófonos; outros aspectos culturais da Lusofonía.
Afondamento dos elementos de tradución e cultura.
Contidos de tradución Tradución pt<>es/gl de idiomatismos, falsos amigos e frases curtas contextualizadas con apoio nos principais correctores ortográficos e outras ferramentas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000