Convocatoria ordinaria:
A avaliación da convocatoria ordinaria será continua ao longo do cuadrimestre e implicará a entrega de varios exercicios prácticos en cada bloque de contidos, que responderán á ponderación arriba indicada.
Avaliación global O estudantado que opte pola modalidade de
avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no
prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a anulación
automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación
continua.
As persoas que se acollan á modalidade de avaliación global deberán presentar en datas oficiais de exames os mesmos traballos solicitados dentro da modalidade de avaliación continua. A data de entrega publicarase ao comezo do cuadrimestre dentro do cronograma da asignatura. A cualificación neste caso corresponderase coa metodoloxía de "resolución de problemas de forma autónoma", con cualificación de 100% .
Convocatoria extraordinaria:
Para a avaliación nas convocatorias extraordinarias deberá entregarse o mesmo material que na convocatoria ordinaria. A ausencia de entrega dalgún material suporá o suspenso da asignatura. Datas oficial de exame da convocatoria extraordinaria: 7 de xullo de 2025 ás 12:00 h
Consultar en: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-e-avaliacions/
|