| Estudo de casos |
Análise de casos e referentes significativos do deseño gráfico aplicado á moda en ámbitos como identidade de marca, identidade de colección, fashion show, soportes gráficos, packaging, gráfica sobre peza, estampación ou presentación editorial. Esta metodoloxía permitirá interpretar solucións visuais, relacións entre concepto e resultado, estratexias de comunicación e modos de inserción do deseño gráfico en contextos históricos e contemporáneos da moda. |
| Resolución de problemas |
Desenvolvemento de exercicios prácticos acoutados vinculados a contidos de identidade, soporte, produción gráfica e estampación. Esta metodoloxía permitirá ensaiar solucións, tomar decisións técnicas e visuais, consolidar procedementos e aplicar progresivamente os criterios traballados na materia antes de abordar propostas de maior complexidade. |
| Lección maxistral |
Exposición e contextualización dos contidos teóricos, conceptuais, históricos e técnicos da materia, co apoio de material audiovisual, referencias visuais e exemplos profesionais. Estas sesións proporcionarán ao alumnado vocabulario específico, criterios de análise e ferramentas de decisión para abordar o desenvolvemento proxectual posterior. |
| Resolución de problemas de forma autónoma |
Desenvolvemento autónomo dunha proposta global e coherente na que a gráfica se relacione coa identidade de marca, a colección, o soporte e o produto. O alumnado deberá investigar, conceptualizar, formalizar, testar, corrixir e presentar solucións argumentadas, con seguimento docente, pautas de traballo definidas e momentos regulares de revisión. |