Educational guide 2026_27
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Deseño Gráfico para Moda
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse as entregas parciais e finais dun proxecto práctico dirixido, así como as probas de aula e as correccións de seguimento. Valorarase a aplicación dos contidos traballados, o uso pertinente dos recursos gráficos, a capacidade de resposta ante problemas concretos, a evolución do traballo, a coherencia entre formulación e resolución, a participación activa no proceso e a capacidade de reformulación a partir das observacións críticas. 40 A1
A2
A5
B4
B6
B8
B9
B12
C3
C4
C9
D5
D8
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliaranse as entregas parciais e finais dun proxecto de desenvolvemento individual vinculado aos bloques de identidade, produción gráfica e estampación. Valorarase a autonomía no proceso de traballo, o desenvolvemento dunha linguaxe visual propia, a integración entre concepto e resolución visual, a adecuación técnica, a calidade formal, a madurez proxectual e a capacidade para xestionar e responder ás observacións críticas. 40 A1
A2
A5
B4
B6
B8
B9
B12
C3
C4
C9
D5
D8
Presentación Avaliarase a presentación oral e defensa dos proxectos individuais, así como a exposición clara dos procesos e resultados. Valorarase a capacidade para argumentar decisións, comunicar con claridade o sentido do proxecto, expoñer o traballo con orde e solvencia, e participar nas sesións críticas. 10 A5
B6
B12
C9
D8
Observación sistemática Avaliarase a participación activa e a asistencia ás sesións planificadas, así como a implicación nas dinámicas de traballo, intervencións na aula, debates e correccións. Valorarase a continuidade no proceso, a disposición para o contraste crítico e a actitude activa no desenvolvemento da aprendizaxe. 10 A1
A5
B9
B12
C3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

Avaliación continua

A avaliación continua desenvolverase ao longo do cuadrimestre mediante o seguimento do traballo do alumnado, a realización dos exercicios propostos nas sesións presenciais e a entrega dos traballos obrigatorios vinculados aos contidos da materia.

Para superar a materia por esta modalidade, será necesario entregar todos os exercicios e traballos obrigatorios establecidos, acadar unha cualificación final igual ou superior a 5 sobre 10 e obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos traballos obrigatorios. Se algún exercicio ou traballo obrigatorio obtén unha cualificación inferior a 4, non ponderará para superar a materia na convocatoria ordinaria e o alumnado deberá presentarse á segunda convocatoria.

Avaliación global

O estudantado que opte pola avaliación global deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia. Esta elección suporá a renuncia á avaliación continua e a anulación das cualificacións obtidas por esa vía.

O alumnado acollido á avaliación global deberá presentar todos os traballos solicitados durante o cuadrimestre, equivalentes aos requiridos na avaliación continua, e realizar un exame teórico-práctico sobre os contidos da materia nas datas oficiais da convocatoria ordinaria.

A cualificación nesta modalidade corresponderase coa metodoloxía de resolución de problemas de forma autónoma, cun peso total do 100%.

Segunda convocatoria

Na segunda convocatoria, o alumnado deberá entregar os exercicios e traballos obrigatorios solicitados durante o cuadrimestre que non fosen presentados ou que obtivesen unha cualificación inferior a 4 na convocatoria ordinaria.

A data oficial da segunda convocatoria poderá consultarse na páxina web da Facultade:

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000