Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Programación para produtos audiovisuais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Programación para produtos audiovisuais Código P04G071V01310
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Comunicación audiovisual e publicidade
Coordinador/a
López Fernández, José Manuel
Correo-e josemlopez@uvigo.es
Profesorado
López Fernández, José Manuel
Web
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia é aproximar ao alumnado á programación audiovisual no contexto da industria española actual. O aumento exponencial das opcións de consumo audiovisual fai especialmente relevante o coñecemento global das diversas relacións que se establecen entre o espectador-consumidor, a obra audiovisual (televisiva ou cinematográfica) e os medios ou canles nos que esta pode chegar a emitirse. Buscarase, por tanto, que o alumnado distinga unha obra audiovisual doutra en función do seu formato, o seu público-obxectivo e as posibles estratexias de programación para chegar a ese público.

Para iso, será necesario coñecer e orientarse polo multiforme, cambiante e veloz fluxo audiovisual contemporáneo onde conviven a paleotelevisión (cadeas públicas), a neotelevisión (cadeas privadas, temáticas...) e a postelevisión (plataformas) coa distribución cinematográfica tanto en salas tradicionais como en plataformas (que poden ser propietarias ou xeneralistas). Será necesario tamén comprender a evolución do medio televisivo e o seu contexto actual, no que pasamos de ter dúas canles de televisión, a unha inabarcable oferta multicanal e multisoporte, caracterizada, ademais, por un consumo personalizado e non lineal (on demand). Todo iso sen perder de vista o amplísimo panorama de eventos e contenedores cinematográficos (festivais, filmotecas, plataformas, ciclos en museos, etc.) e as dinámicas actuais da exhibición en salas.

En definitiva, esta materia buscará —sobre todo— dar as ferramentas necesarias para formar a mirada "curatorial" do programador: é dicir, distinguir e recoñecer os criterios estéticos que, como programadores, permitirannos elixir e ordenar o inxente fluxo de contidos audiovisuais que circulan ao noso redor para facelo chegar ao maior número de público posible.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000