Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Programación para produtos audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición pública da investigación, os traballos tutelados ou as análises de caso 15 B4
Estudo de casos Elaboración de análise sobre distintos casos ou problemáticas relacionadas co panorama televisivo ou cinematográfico. 20 B1
B2
Traballo tutelado Traballos de investigación revisados e orientados polo docente sobre distintos casos ou problemáticas relacionadas co panorama televisivo ou cinematográfico. 35 B2
C11
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de desenvolvemento teórico sobre os contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. 30 B1
B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global

1- AVALIACIÓN CONTINUA

Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Presentación, Estudos de casos, Traballos tutelados e exame de preguntas de desenvolvemento). A nota final será a suma de estos catro apartados, segundo as súas porcentaxes relativas.

O exame final da materia non é obrigatorio. Quen obteña polo menos un 5 na suma das Presentacións (1,5 puntos máx), Estudos de casos (2 puntos máx) e nos Traballos tutelados (3 puntos máximos) poderá elixir se presentarse ao exame teórico para subir nota ou non.

É dicir: coas prácticas poderase obter un 7/10 máximo. Quen quera subir nota poderá presentarse ao exame teórico para optar ao restante 3/10, para chegar así ao 10/10 total da nota final.

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios e conservaranse as cualificacións dos apartados aprobados. Todos os detalles da estrutura do exame, as instruccións e entregas de traballos e prácticas, o calendario e a planificación da materia, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI.

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

A asistencia presencial ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido é obrigatoria. As prácticas realizaránse principalmente en clase, polo que a asistencia será controlada. As faltas de asistencia non xustificadas que superen o 20% suporán a non superación do materia.

2 - AVALIACIÓN GLOBAL

De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha proba de ata cinco horas de duración que permitirá ao alumnado cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua.

Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, coa antelación e cos trámites e nas datas que determine o Decanato da Facultade, entregando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. A elección da avaliación global suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas ate ese momento pola modalidade de avaliación continua.

O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes superado o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.

Será responsabilidade do alumno estar atento á información e materiais da materia, yerecopilar a información específica e complementaria que sexa precisa
para superala, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala. Constará dos seguintes apartados:

1o - Exame teórico (30% da nota, 2 horas). Será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que se explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía. Pero na evaluación global é preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta apartado. Unha cualificación inferior non sumará coas outras probas e suporá non superar a materia.

2o - Traballo ou traballos tutelados (35% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno terá que realizar previamente e entregar o día da proba final de avaliación un ou varios traballos finais que poden ter tanto carácter teórico como práctico. O traballo ou traballos teñen un valor do 35% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta apartado. Unha cualificación inferior non sumará coas outras probas e suporá non superar a materia.

3o - Estudo ou estudos de casos (20% da nota). Realización dunha proba ou probas de carácter práctico, de análise ou investigación empregando os medios e espacios da Facultade. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas. O estudo ou estudos de caso teñen un valor do 20% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta apartado. Unha cualificación inferior non sumará coas outras probas e suporá non superar a materia.

4o - Presentación ou presentacións (15% da nota). O alumno deberá expoñer dentro das tres horas adicionais (sen chegar a superar as cinco horas totais) un ou varios dos traballos tutelados ou estudos de caso entregados nos dos apartados anteriores. Será o docente quen determine qué traballos serán presentados ese día polo alumno.

A nota final será a suma dos catro apartados, sempre e cando os tres primeiros apartados estean aprobados (5/10). De ser así, a nota final será o resultado das catro correspondentes porcentaxes.

Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios e conservaranse as cualificacións dos apartados aprobados. Todos os detalles da estrutura do exame, as instruccións e entregas de traballos e prácticas, o calendario e a planificación da materia, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia, xa que non se facilitará por ningún outro medio.

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000