SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA PROBA 1: Resolución de problemas. Descrición: Ao longo do curso proporase a análise de datos e de diversos casos prácticos relacionados co temario. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios. % de cualificación: 40% Competencias avaliadas: B5, B6, B8, C2, C3, C16, C17, D1, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D13, D15. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA02, RA03, RA04. -------------------------------------------------- -------------------------- PROBA 2: Traballo tutelado. Descrición: O alumnado elaborará un traballo sobre unha empresa innovadora, supervisado pola profesora. Metodoloxía(s) aplicada(s): Traballo tutelado. Seminario. % de cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: B3, B6, B8, C2, C3, D1, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D13, D15. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA04. -------------------------------------------------- -------------------------- PROBA 3: Exame tipo test. Descrición: Realizarase un exame tipo test, co fin de avaliar a adquisición e comprensión dos conceptos e procesos esenciais de Dirección e Xestión da Innovación. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas. % de cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: B8, C17, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D13, D15. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA02, RA03. -------------------------------------------------- -------------------------- Aclaracións sobre a avaliación continua: - No marco da PROBA 1, Resolución de problemas, formularanse varios problemas/exercicios/análise de casos ao longo do curso, de xeito que a nota global será a media aritmética simple de todas as cualificacións obtidas. Se un/ha alumno/a non realiza un problema, asignaráselle unha nota de 0 nesa actividade.
- No caso de que algún alumno/a non supere o exame tipo test e/ou o traballo tutelado da 1ª edición da acta (é dicir, obteña unha nota inferior a 5), poderá recuperar o exame e/ou o traballo suspensos na data oficial establecida para a 2ª edición de actas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento de elección da modalidade de avaliación global: Considérase que o/a alumno/a opta polo sistema de avaliación global se o comunica por correo electrónico, con acuse de recibo, á profesora da materia, antes do remate das clases. PROBA 1: Exame tipo test. Descrición: Proba obxectiva que valorará a adquisición e comprensión dos conceptos e procesos esenciais da materia. Metodoloxía(s) aplicada(s): Exame de preguntas obxectivas. % Cualificación: 30% % mínimo: Para a liberación desta parte da materia, o/a estudante deberá obter unha nota igual ou superior a 7 puntos (sobre 10). Competencias avaliadas: B8, C17, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D13, D15. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA02, RA03. -------------------------------------------------- -------------------------- PROBA 2: Exame de cuestións teórico-prácticas. Descrición: Proba que incluirá avaliación de conceptos teóricos e resolución de exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios. Proba de preguntas de desenvolvemento. % Cualificación: 70% Competencias avaliadas: B5, B6, B8, C2, C3, C16, C17, D1, D5, D6, D7, D8, D9, D10, D11, D12, D13, D15. Resultados de aprendizaxe avaliados: RA01, RA02, RA03, RA04. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE GRAO Utilizaranse os sistemas de avaliación continua e global descritos anteriormente. PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS Avaliación continua: O alumnado que siga o sistema de avaliación continua deberá obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto no traballo tutelado como no exame de preguntas obxectivas. No caso de non acadar estes mínimos, a cualificación sería suspenso. A cualificación numérica que figuraría na acta correspondería á media ponderada das distintas probas de avaliación, e se dita media ponderada resultase igual ou superior a 5 (sobre 10), a nota na acta sería de 4,9. Avaliación global: O estudantado que siga o sistema de avaliación global deberán obter polo menos un 7 sobre 10 no exame de preguntas obxectivas (Proba 1). A nota numérica que figuraría na acta para o alumnado que non acade esta nota mínima, sería a nota obtida nesa proba, cando fose inferior a 4,9. Se esa nota fose igual ou superior a 4,9, aparecería unha nota de 4,9. DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de exame das distintas convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, están publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. USO DE DISPOSITIVOS MÓBILES Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles nos exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do estudantado universitario, en materia de deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "absterse de utilizar ou cooperar en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade.» CONSULTA/ SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías pódense consultar a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/ |