Resolución de problemas |
- Formularanse cuestións de razoamento e debate, a fin de fomentar a participación do alumnado na aula e o seguimento da información da actualidade empresarial no ámbito da innovación.
- Analizaranse casos prácticos relacionados co temario que, ademais de axudar á súa comprensión, permitan mellorar a capacidade de expresión, análise e reflexión sobre a realidade da innovación dentro da empresa.
- Proporanse lecturas complementarias para ilustrar e ampliar os temas tratados en clase. Pedirase ao alumnado a realización de pequenos traballos de síntese e crítica de ditas lecturas, para favorecer as súas capacidades analítica e crítica, de expresión escrita e de estruturación e síntese da información.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio |
Seminario |
O traballo de curso que debe realizar o alumnado consta de varios entregábeis, un por cada tema. Tras cada entrega, a docente corrixirá o contido do documento e achegará propostas de melloras e correccións para o seu desenvolvemento. O alumnado deberá ter en conta estas suxestións para as sucesivas entregas do traballo.
Se fose necesario, a docente explicará presencialmente esas propostas de mellora ao alumnado, en titorías grupais con todos os integrantes de cada grupo de traballo.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio |
Presentación |
O alumnado deberá realizar, ao longo de curso, diferentes exposicións públicas dos traballos e análises de casos que se irán desenvolvendo. Con estas exposicións procúrase a mellora das capacidades de expresión oral, comunicativa, fluidez na presentación, de convicción e de utilización e aproveitamento de medios técnicos.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio |