Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática

Organigrama

equipo directivo

  • Director: Arno Formella
    • É o responsable último do funcionamento da Escola, aplicar os acordos dos órganos colexiados, executar o orzamento e representar ao Centro tanto dentro da Universidade como ante as institucións e a sociedade en xeral.
    • Email: formella(at)uvigo.es
    • Teléfono: +34 988 387 002

  • Subdirector de Planificación: Francisco Javier Rodríguez Martínez
    • É o responsable da planificación, definición, posta en marcha, avaliación e seguimento dos procedementos e procesos da ESEI.
    • Email: franjrm(at)uvigo.es
    • Teléfono: +34 988 387 022
  •  

  • Subdirectora de Organización Académica: Rosalía Laza Fidalgo
    • É a responsable da organización da docencia na Escola: horarios, calendarios de exames, control docente, control de titorías...
    • Email: rlaza(at)uvigo.es
    • Teléfono: +34 988 387 013
  •  

  • Subdirectora de Calidade: Eva Lorenzo Iglesias
    • É a encargada de asegurar o cumprimento do Sistema de Garantía Interno de Calidade.
    • Email: eva(at)uvigo.es
    • Teléfono: +34 988 387 019
  •  

  • Secretaria do Centro: María Encarnación González Rufino
    • É a responsable de levantar acta das reunións dos órganos colexiados da Escola, así como de dar fe dos acordos que se toman.
    • Email: secretaria.esei(at)uvigo.es
    • Teléfono: +34 988 387 016
  •  

    Dentro do equipo directivo, a secretaria do Centro, María Encarnación González Rufino, exerce como Enlace de Igualdade, ten asignadas funcións de dinamización e implantación das políticas de igualdade. Esta persoa é o enlace coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para contribuír á aplicación e seguimento das medidas propostas no I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo, cara á consecución dunha participación máis equilibrada das mulleres e dos homes da nosa Universidade.

     

    Ademáis do equipo directivo, hai varios profesores e profesoras que se encargan de coordinar as titulacións:

    • Coordinadora do Grao en Enxeñaría Informática: Eva Lorenzo Iglesias
    • Coordinadora do Grao en Intelixencia Artificial: Lourdes Borrajo Diz
    • Coordinadora do Máster en Enxeñaría Informática: Alma Gómez Rodríguez
    • Coordinador do Máster en Intelixencia Artificial: Francisco Javier Rodríguez Martínez
    Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000