Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Aprendizaxe das ciencias sociais/O05G110V01601
Xogo na educación infantil/O05G110V01912
Obradoiro de creatividade artística/O05G110V01906

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Didáctica da expresión plástica e visual/O05G110V01502
Educación física e a súa didáctica na idade infantil/O05G110V01503

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Educación: Desenvolvemento motor/O05G110V01202
Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil/O05G110V01102
Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil/O05G110V01103
Psicoloxía: Psicoloxía da educación: Procesos de aprendizaxe infantil/O05G110V01205
Didáctica da lingua e a literatura infantil/O05G110V01404
Educación: Educación para a saúde e a súa didáctica/O05G110V01301
Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade/O05G110V01302
 
Outros comentarios
a. Debido á importante carga práctica da materia, é altamente recomendable a asistencia regular ás sesións presenciais, tanto ás Sesións A como ás Sesións B. b. Esta materia forma parte do Proxecto de Innovación Docente da Facultade de Educación e Traballo Social, e do ciclo integrado do Programa Universitario de Maiores da UVIGO. c. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). d. É necesario consultar a aula virtual da materia ao menos unha vez por semana, así como ter activo o correo electrónico institucional da UVIGO e usalo para as comunicacións co profesorado. Co fin de asegurar a privacidade e garantir a identidade, non se atenderán mensaxes electrónicas enviadas dende contas alleas ás da UVIGO. e. Os traballos deberán ser orixinais. A detección de plaxio ou copia de traballos suporá o suspenso na convocatoria correspondente. Agás na realización de traballos coordinados entre materias, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias a efectos de avaliación. f. Dentro da lóxica do camiño cara a sociedades máis inclusivas e igualitarias, e seguindo os principios de igualdade cos que está comprometida esta universidade, recoméndase facer uso da linguaxe inclusiva (especialmente no referido a colectivos vulnerables) e non sexista tanto nos traballos como nas producións orais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000