Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil
B2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
B8 Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención prematura e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia
B11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado.
B12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
C45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
C53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
C54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
C55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
C56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e a expresión musical, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
C57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
C58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización e planificación
D5 Coñecemento de informática
D6 Capacidade de xestión da información
D7 Resolución de problemas
D8 Toma de decisións
D9 Traballo en equipo
D11 Habilidades nas relacións interpersoais
D12 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
D13 Razoamento crítico
D14 Compromiso ético
D15 Aprendizaxe autónoma
D16 Adaptación a novas situacións
D17 Creatividade
D18 Liderado
D19 Coñecemento doutras culturas e costumes
D20 Iniciativa e espírito emprendedor
D21 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000