Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Expresión musical e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Asistencia, seguimento, participación e aproveitamento das
sesións prácticas (Sesións B).
15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D6
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D16
D17
D19
D21
Aprendizaxe-servizo Deseño, implementación e avaliación individual e/ou grupal de sesións de música para bebés. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C58
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
Traballo tutelado Elaboración de tarefas e traballos en equipo, que poden implicar o eTwinning, en colaboración con centros doutros países etc. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
Resolución de problemas Realización dunha proba teórico-práctica individual. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D6
D7
D8
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
Prácticas de laboratorio Realización dunha proba práctica grupal. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B8
B11
B12
C45
C53
C54
C55
C56
C57
C58
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D11
D12
D13
D14
D16
D17
D18
D19
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O cadro anterior recolle a avaliación para alumnado Asistente, isto é, alumnado que non falta a máis de 3 clases das Sesións B (ou sexa, que cumpre co 80% de asistencia ás Sesións B), xustificadas ou sen xustificar. Isto significa que para ter a consideración de Asistente pódese faltar a un máximo de 3 clases das Sesións B. Desas 3, cada falta sen xustificar penalizará -0.1 puntos no apartado “Obradoiro: Asistencia,seguimento, participación e aproveitamento das sesiónsprácticas (Sesións B)” . Se se pode xustificar a falta, a ausencia non penaliza. Os xustificantes nunca se entregarán por correo electrónico: mostraranse á profesora coordinadora da materia en calquera das sesións presenciais. A asistencia e participación nas Sesións A non puntúa na cualificación final. Non obstante, resulta indispensable asistir a elas para o bo aproveitamento da materia, especialmente de cara á asunción e comprensión dos contidos e de cara a poder seguir o ritmo das Sesións B sen dificultades. Asistir ás Sesións A tamén favorecerá a calidade da participación e das achegas individuais que o alumnado faga nas Sesións B que, xunto coa actitude,terase moi en conta para avaliar o antedito apartado.

AVALIACIÓN PARA ASISTENTES:

(1) Proba teórico-práctica individual: 25%
(2) Proba práctica grupal:
10%
(3) Traballos grupais: 35%
(4) Proxecto Aprendizaxe-Servizo: 15%
(5) Asistencia e participación nas Sesións B: 15%

Para o alumnado que opte por ser Non Asistente, as porcentaxes para o cálculo da cualificación final da materia serán as seguintes:

AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES:

(1) Proba teórico-práctica individual: 25%
(2) Proba práctica grupal: 10%
(3) Traballos grupais: 50% (dividido en dúas partes: 25% e 25%).
(4) Proxecto Aprendizaxe-Servizo: 15%


É necesario aprobar os apartados 1, 2 e 3 da
avaliación para superar a materia (isto é, acadar un 5 sobre 10), tanto para
Asistentes como para Non Asistentes. Se algún destes tres apartados non se
aproban nunha convocatoria dada, a cualificación desta será o sumatorio das
diferentes partes da avaliación dividido entre dous.
O alumnado que opte pola opción de Non Asistente deberá comunicalo ao profesorado a través de correo electrónico nos primeiros 15 días de clase. Coa lista de alumnado Non
Asistente, o profesorado conformará equipos de traballo e publicaraos na aula
virtual da materia xunto coas instrucións para a elaboración de tarefas, co fin
de que cada equipo se poida organizar para realizalas. Publicada a conformación
dos equipos, o alumnado implicado debe establecer o primeiro contacto entre si a
través de Moovi. Unha vez se entra na aula virtual da materia, pícase arriba á dereita,
na icona do globo, e ponse o nome da persoa á que se quere escribir encima de
“Buscar”. A continuación pícase no nome e abaixo escríbese a mensaxe.
Finalmente dáselle a “Enviar”, e a partir de aí cada equipo pode establecer as
canles de comunicación que desexe. Para que isto funcione é necesario que todo
o alumnado estea activo en Moovi.
O alumnado que ao longo do semestre
perda o dereito de avaliación continua por superar
o máximo de 3 faltas ás Sesións B debe pórse en contacto coa coordinadora da materia
tan pronto como se vexa nesta circunstancia. Neste caso, o profesorado
determinará a procedencia de seren avaliado de acordo á avaliación establecida
para Non Asistentes. De ser o caso, este alumnado será integrado nun equipo de
traballo de Non Asistentes, sempre que sexa posible. De non ser posible, e dado
que a maioría das tarefas de avaliación para Non Asistentes deben realizarse en
equipo e deben ser entregadas nunhas datas concretas, as tarefas grupais de
avaliación obrigatoria que non se poidan entregar en equipo en primeira
oportunidade, faranse en segunda oportunidade.
Se se dan as circunstancias, a participación de
alumnado Asistente en actividades artísticas fóra das aulas regulares da
materia (por exemplo, conmemoracións organizadas pola Facultade), suporá a
obtención dun comodín de ata +0.3 puntos a sumar individualmente na
cualificación final sempre que os apartados de avaliación 1, 2 e 3 estean
aprobados.
 
OBSERVACIÓNS:
a. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
b. As datas oficiais dos exames poden consultarse na páxina web da Facultade, na ruta Docencia --> Exames. A convocatoria e as instrucións para as probas da materia anunciaranse na aula virtual da materia.
c. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
d. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000